General information
- Dates
- Not available
- Location
- ES
- Submission deadline
- Not available
- Eligibility
- Not available
- Subtitles
- Not available
- Official website
- https://www.ficbueu.com
- Last checked
- 25 September 2026
News
Remata na Illa de Ons a cuarta edición da Residencia FICBUEU
Bueu, 20 de outubro de 2026- Durante sete días, as e os cineastas dos catro proxectos seleccionados traballaron as súas curtametraxes coa titorización de Belén Funes e formacións con profesionais de referencia do sector. A cuarta edición da Residencia FICBUEU despediuse onte da Illa de Ons, onde seis cineastas desenvolveron, do 13 ao 19 de […] O ar
A cineasta Belén Funes será a titora da cuarta edición da Residencia FICBUEU
Bueu, 5 de outubro de 2026 – A Residencia FICBUEU celebra a súa cuarta edición, marcada polo éxito da convocatoria, que recibiu máis de duascentas candidaturas de creadoras e creadores de diversos puntos do mundo con proxectos en lingua española. Do 13 ao 19 de outubro, as cineastas seleccionadas vivirán unha experiencia inmersiva na Illa […] O art
O FICBUEU pechou a súa 19ª edición reforzando o seu carácter internacional e a conexión co público
Bueu, 28/09/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) pechou a súa 19ª edición cun balance especialmente positivo da dimensión internacional acadada este ano, da calidade da programación e da resposta do público, tanto nas seccións competitivas como nas Xornadas Cinematográficas e nas actividades educativas do MiniFIC. Un dos aspe
O MiniFIC pecha a 19ª edición do FICBUEU
Bueu, 23/09/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) pechou o sábado pasado a súa 19ª edición cunha última xornada do MiniFIC, dedicada ao público infantil, xuvenil e familiar e marcada pola celebración esta mañá da Gala Escolas Galegas. Durante a gala déronse a coñecer os traballos premiados nas dúas categorías educativas.
MINIFIC: cinema e actividades para todos os públicos
Bueu, 16/09/2026 – O sábado 19 de setembro, o MiniFIC estenderá as súas actividades durante toda a xornada e abrirá boa parte da programación ao público xeral. Ás 11.00 horas terá lugar no Auditorio a Gala Escolas Galegas, na que se proxectarán as curtametraxes dos centros de ensino seleccionados e se entregarán os premios das […] O artigo MINIFIC:
Palmarés da 19ª edición do FICBUEU
Bueu, 13/09/2026 – O FICBUEU anunciou o Palmarés da súa 19ª edición. Os premios déronse a coñecer o pasado sábado no Auditorio do Centro Social do Mar durante o acto que puxo o peche á competición desta edición, cunha gala acompañada pola música en directo de Andre Soaxe e Martiño Malleiro Díaz.
O FICBUEU alcanza o ecuador da súa 19ª edición consolidando Bueu como punto de encontro internacional en torno á curtametraxe
Bueu, 9 de setembro de 2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) alcanza o ecuador da súa 19ª edición tras unhas primeiras xornadas marcadas pola boa resposta do público e pola presenza en Bueu de cineastas e profesionais chegados de distintos países. A competición internacional está integrada por 28 curtametraxes distribuídas en
Filmes de case unha trintena de países na 19ª edición do FICBUEU
Bueu, 28/08/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) presentará a súa 19ª edición nunha rolda de prensa o vindeiro 1 de setembro no Museo Massó. O festival reunirá filmes de máis case unha trintena de países nunha programación que se abrirá na xornada de inauguración o venres 4 de setembro.
O FICBUEU celebra unha nova edición de Cinema na praia con flocos de millo de variedades autóctonas galegas
Bueu, 24/08/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu celebra unha nova edición de Cinema na praia este venres 28 de agosto na Praia de Bueu (Banda do Río), cunha dobre sesión de curtametraxes ao aire libre e de balde. As proxeccións estarán organizadas en dúas quendas.
FILMIN acollerá algunhas das mellores curtametraxes internacionais que pasaron polas últimas edicións do FICBUEU
Bueu, 21/08/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu contará cunha canle propia en FILMIN, no marco da programación especial que a plataforma dedica aos festivais de cinema. Para esta ocasión, o FICBUEU seleccionou oito curtametraxes internacionais que pasaron por distintas edicións do festival nos últimos anos.
